Descubre todas as novidades en
Hai tempo descubrimos o mundo que vive alén do azul e dende entón non podemos deixar de visitalo. Queremos amosarvos a vida submarina que se agocha apenas a uns poucos metros de profundidade de nós.A riqueza dos fondos mariños da nosa ría é unha grande descoñecida. Entender como se desenvolve a vida baixo o mar, o seu delicado e complexo equilibrio, é fundamental para podérmola coidar e gozar máis dela.Convidámosvos a mergullar neste mundo diferente, para coñecerdes unha realidade paralela que sempre estivo aí, ao noso carón, alén do azul.
COÑECENOS MAÍS A FONDO
Visitar en primeira persoa as paisaxes submarinas é posible grazas os lentes de realidade virtual que nos somerxen nas imaxes 360º.
Somérxete no mar sen te mollar! Empregamos ROVs (drones submarinos) que nos transmiten en directo as imaxes do fondo do mar.
Realizamos obradoiros de debuxo, obradoiros na praia, charlas presenciais, charlas online...
Creamos recursos para a divulgación do medio mariño.
Creamos retratos en acuarela, infografías, ou posters nos que recompilamos algúns dos habitantes habituais das augas galegas.
Ás veces, unha imaxe vale máis ca mil palabras. As exposicións de fotografías e/ou ilustracións son outra das actividades que organizamos.
22,00€
25,00€
30,00€
EXPLORA A NOSA TENDA
Somos Sara Carrasco, mergulladora, ilustradora e cofundadora de 13 GRADOS e Silvia Iglesias, mergulladora, bichóloga mariña e cofundadora de 13 GRADOS. Intérprete mariña e técnica en educación ambiental.
SOMÉRXETE NA NOSA CANLE